Veraleza
Acerca de
Veraleza unha empresa con máis de 30 anos de traxectoria no sector, varias sedes ao longo de toda a península Ibérica, Colombia e Holanda (Aalsmeer), e un equipo consolidado de expertos, que é o encargado de guiar e asesorar, da man da nosa cultura empresarial, aos clientes en todo o que necesiten. O equipo de Veraleza caracterizámonos por valores tales como o amor pola terra, xa que é o medio e a orixe de case todo o que facemos, polo que tratamos de devolverlle o que nos ofrece respectándoa, coidándoa e defendéndoa; Paixón polo traballo e gusto pola tarefa que desempeñamos; debilidade pola beleza e a curiosidade polo antigo, respectando a tradición e o saber herdado xeración tras xeración pero, ao mesmo tempo, apostando por solucións innovadoras e sorprendentes. Contamos con catro departamentos principais ben diferenciados.
- Flor Cortada:
Desde Veraleza comercializamos todo tipo de flor cortada, dispoñendo dun extenso catálogo de mercadoría importada dos mellores produtores de todo o mundo.
Dispoñemos de cultivos propios situados en zonas climáticas diferenciadas, principalmente en Galicia, o sur de Portugal, #Ecuador e Colombia.
As nosas instalacións en Flora Holland (Alsmeer-Holanda), a maior poxa de flor do mundo, permítenos supervisar as compras diarias para asegurar a calidade do produtor que recibirán os nosos clientes.
- Planta Ornamental:
Dispoñemos de dúas grandes áreas dentro deste departamento; planta de interior e planta de exterior.
Nas nosas instalacións poderedes atopar desde árbores de gran porte ata plantas de tempada de pequeno formato.
Con máis de 10.000 referencias, damos servizo inmediato a florerías, garden centers, almacenistas e empresas de xardinería, tanto públicas como privadas.
A nosa produción propia está situada en Galicia (clima atlántico) e Almería (clima mediterráneo). En Portugal tamén temos cultivos nas zonas de Lisboa e O Algarve, cun clima máis cálido. Dispoñemos de acordos a longo prazo con produtores de Holanda e Bélxica, para así garantir a dispoñibilidade de grandes volumes cun estándar de máxima calidade.
- Accesorios:
Este departamento ofrece un amplo e variado catálogo que engloba desde os materiais técnicos e ferramentas máis básicos, como esponxas, cintas ou celofanes, ata elemento decorativos ou mobiliario. Para iso seguimos moi de preto as tendencias máis actuais.
Prestamos especial atención ás campañas de San Valentín, primavera e vodas, Pascua, Santos e Nadal, onde podedes visitar os nosos showrooms de Galicia, Asturias, O Porto e Lisboa, os cales o mestre florista e diseñer Jordi Abello, crea e presenta cada colección coas últimas novidades.
- Horto:
Este departamento ofrece todo o necesario para a creación dun horto doméstico, xa que dispoñemos de legumes, hortalizas, froiteiras, sementes, fertilizantes etc.
O principal cliente deste departamento son tendas agrícolas e está en pleno auxe de crecemento debido ao aumento dunha corrente social que busca produtos de calidade, ecolóxicos e saudables para a súa alimentación.
DISTRIBUCIÓN MULTICANLE:
- Vehículos autoventa:
A través dunha frota de vehículos frigoríficos propia desprazámonos ata o cliente para fornecerlle o xénero. Realizamos roteiros regulares por todo o noroeste peninsular, o que nos permite entregar a mercadoría coa máxima calidade e frescura varias veces por semana.
- Puntos de venda:
Os almacenistas e retallistas poden acudir directamente a seis das nosas sedes para adquirir flor cortada, planta ornamental e accesorios.
- Tenda on-line:
Está dedicada á venda do noso xénero, o cal remitimos ao cliente a través un servizo de distribución de cobertura peninsular, e proximamente illas nun prazo máximo de 24h.
- Loxística:
A través dunha frota de vehículos frigoríficos propia e externa, garantindo a entrega das compras.
Categoría
Flor, planta e árbores
Onde atopalo
Pedra, 3, Tomiño
Outros establecementos recomendados