Alto da Pousa
Imaxe establecemento
Imaxe establecemento
Imaxe establecemento
Imaxe establecemento

Acerca de

O aloxamento rural Alto da Pousa atópase no Baixo Miño, na cima dun fermoso pobo chamado Figueiró, en Tomiño (Pontevedra). Os apartamentos están situados no alto dunha finca de viñedos Denominación de Orixe Rías Baixas con 6 variedades de viño e así o quixemos reflectir nos 6 Apartamentos, nomeándoos desta maneira: Mencía, Godello, Loureiro, Treixadura, Albariño e Caíño.

Categoría

Aloxamentos

Onde atopalo

Rua Muiños, 32 B, 36792, Tomiño

instagram
A NOSA XENTE
Conoce a Andrés Álvarez, Compositor
Imaxe Jesús

Andrés Álvarez é un compositor natural de Goián. No seu caso, o interese pola música xurdiu no fogar. «Comecei na banda de Goián, da que meu pai era presidente. Pouco a pouco fun probando cousas en composición, cada vez me gustaba máis e cando me decatei estaba metido de cheo», explica. Tan metido que conseguiu o recoñecemento internacional, como o que o levou a Hollywood coa peza Symphonic Sketches. Realizou os estudos de interpretación na especialidade de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo e a continuación a carreira de composición neste mesmo centro de estudos, baixo as ensinanzas de mestres como Juan Eiras, Carlos Cambeiro, Pablo Beltrán ou Fernando Buide entre outros. Especialízase en composición para banda e o medio audiovisual, con mestres como Ángel Montes, Bart Picqueur, Óscar Navarro ou Ferrer Ferrán. No campo audiovisual realizou traballos de publicidade para Adolfo Domínguez, Don Flamenco e Felicia Much. Tamén realizou diversas curtametraxes e documentais; a banda sonora da longametraxe Sueños de Sal, a banda sonora de La Muda, colaborando neles o recoñecido Óscar Navarro, ou na gravación da música orixinal da serie Seis Hermanas, con música orixinal de Sergio Moure, emitida por RTVE.

Outros establecementos recomendados
imaxe
icona
Artesanía alimentaria
Angula Rio Miño
imaxe
icona
Produción artística
Arte Bronce Función
imaxe
icona
Control de pragas
Fauna Útil