Galiplant Ornamental
Acerca de
Galiplant ornamental S.L. é un viveiro produtor de planta ornamental que se sitúa na comarca do Baixo Miño, provincia de Pontevedra.
O seu labor comeza no ano 1990, traballando o cultivo de Hydrangea macrophylla (Hortensia) e investigando entre outros, o posible aproveitamento como ornamental das abundantes e diferentes plantas autóctonas asociadas ao clima costeiro ou marítimo de Galicia. No seu catálogo actual aínda se poden atopar especies con estas características.
Na actualidade Galiplant conta con diferentes centros de traballo situados na zona, onde se realiza o desenvolvemento das diferentes producións de cultivos encamiñadas a abastecer un mercado de calidade tanto nacional como estranxeiro. Para este labor a empresa conta con persoal cualificado de formación propia, potenciando neste sentido a creación do emprego na zona e onde a muller ten unha parte presencial moi importante e maioritaria.
A produción ornamental baseada en diferentes grupos de especies que abarcan unha ampla variedade, realízase en diferentes tamaños e presentacións, adaptándose ás necesidades dos seus clientes e que son servidas debidamente identificadas a través da súa correspondente etiquetaxe. Este distintivo inclúe fotografía con indicación das súas características e coidados. Hoxe en día as plantas producidas tanto en cultivo protexido como ao aire libre, atópanse en diferentes ámbitos de axardinamento tanto público como privado.
A presenza da empresa en Feiras e congresos sempre foi unha constante, buscando sempre o achegamento das producións aos seus clientes e tentando dar resposta ás demandas existentes polos profesionais do sector da planta ornamental. Nesta liña de traballo e na procura dunha mellora continua, a empresa conta actualmente con certificación medio ambiental.
No ano 2004 a través da unión con catro empresas radicadas na zona (Cultivos Casaita, Plantas Ozores, Viveiros Rio Tollo e Vidaplan), créase a empresa Comercializadora de plantas de Galicia S.L., que é a que se encarga actualmente de levar as relacións con clientes e de ostentar baixo a marca Coplant Galicia a súa representación en feiras e eventos comerciais.
Categoría
Flor, planta e árbores
Onde atopalo
Camiño da Cubela, 8, As Eiras, O Rosal
Outros establecementos recomendados