Tomiño, a factoría de grandes artistas
Imaxe post
Algúns naceron en Tomiño e outros elixírono para vivir ou foi Tomiño quen os escolleu a eles. O municipio do Baixo Miño converteuse nunha especie de factoría de grandes artistas, algúns cunha longa traxectoria ás súas costas e outros, máis novos, cunha carreira galopante a nivel internacional. Traballar desde as provincias xa non é un impedimento, como o era noutros tempos. Moi ao contrario, dá a impresión de que espazos naturais como os que ofrece Tomiño estimulan a inspiración.

Andrés Álvarez é un compositor natural de Goián. No seu caso, o interese pola música xurdiu no fogar. «Comecei na banda de Goián, da que o meu pai era presidente. Pouco a pouco fun probando cousas en composición, cada vez gustábame máis e, cando me decatei, estaba metido de cheo», explica. Tan de cheo que conseguiu o recoñecemento internacional como o que o levou a Hollywood coa peza Symphonic Sketches.

O caso da artista multidisciplinar Pilar Alonso é o inverso: «A miña relación con Tomiño é froito do encontro. Cheguei por accidente buscando un espazo no que establecer o meu estudo, decateime de que tiña que ser aquí e non noutro lugar. Creo que hai veces que te elixen a ti, as casualidades non existen. A estrutura da miña obra está fortemente ligada á estrutura da paisaxe. Non creo que fose a mesma se tivese escollido outro lugar».

Non menos destacable é o mundo da fotografía. Pily Reñones foi finalista nos prestixiosos premios Quijote e nomeada, por segunda vez, aos coñecidos como Premios Goya de Fotografía, entre outros galardóns. Tamén destacan a creadora visual Verónica Vicente e o fotógrafo Gustavo Rivas, quen plasmou a súa obra durante varios anos neste medio.

Á hora de falar de pintura, é imprescindible referirse ao desaparecido Xavier Pousa, quen recibiu clases doutro recoñecido pintor goianés, Antonio Fernández, e reflectiu como ninguén nas súas obras impresionistas a paisaxe do Baixo Miño. Tampouco se pode pasar por alto a lembranza doutro pintor falecido, Mario Rodríguez, nin de Eulalia Jackson.

Lonxe de pechar a lista de artistas relacionados con Tomiño, día a día o municipio sorprende con nomes destacados en distintos ámbitos.
Outras curiosidades sobre Tomiño
Imaxe sabías que
Icona categoría
NATUREZA
fdgdfgdfg
dfghxfgdhfxgh