A marcha nórdica pecha con éxito a Axenda Impacto Saudable organizada polo Concello para fomentar hábitos sans
Acerca deste evento
Éxito de participación na derradeira actividade organizada polo Concello de Tomiño dentro da Axenda Impacto Saudable: a marcha nórdica. Esta disciplina deportiva incluíuse por primeira vez nas actividades de balde ofertadas polo Concello ao longo do ano, dada a popularidade cada vez maior que está a ter no noso país.

Seis sesións deseñadas para achegar esta modalidade deportiva á veciñanza sen importar a idade ou a forma física, con 20 prazas que se completaron rapidamente con persoas de Tomiño e arredores interesadas. Tanto a primeira como a segunda cita, celebradas nos días 26 e 27 de outubro e 9 e 10 de novembro, rexistraron un cheo total, agardándose o mesmo resultado para a última convocatoria que terá lugar esta fin de semana, dende as pistas do Mosteiro.

A camiñada ou marcha nórdica é un deporte de resistencia e unha forma de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda e impulso de bastóns similares aos utilizados no esquí e que contribúe a mellorar a saúde cardiovascular e respiratoria, con múltiples beneficios para o fortalecemento dos músculos e redución do impacto nas articulacións.
Co obxectivo de impulsar á veciñanza a que se achegue a hábitos saudables dun xeito lúdico e inclusivo, a Concellaría de Deportes deseñou para este ano unha axenda ofertando diferentes actividades, entre as que ademais da marcha nórdica, atopáronse as andainas saudables (con saída todos os xoves dende o Centro de Saúde) e o Camiño a Santiago por tramos, sen esquecer os programas Reactívate e Coñecendo as Emocións.

En caso de choiva, a actividade trasladarase ao pavillón de Goián, garantindo así a continuidade da mesma.
Localización

Tomiño

Horarios

Desde: 14/11/2024 10:00 h

Ata: 14/11/2024 16:00 h

Imaxe evento
Outros eventos en Tomiño
imaxe
O proxecto ‘Olympics4All’ da Eurocidade Cerveira-Tomiño conquista o selo URBACT de Boas Prácticas
Icon12/11/2024
Icon16:00 h
IconTomiño
imaxe
Este ano, en Tomiño, imos vivir o Nadal máis especial
Icon11/11/2024
Icon10:00 h
IconTomiño
imaxe
A Mancomunidade do Baixo Miño mobilízase ante a crise da DANA en Valencia
Icon07/11/2024
Icon10:00 h
IconGoián