Este ano, en Tomiño, imos vivir o Nadal máis especial
Acerca deste evento
Dende o Concello de Tomiño, animamos a toda a poboación a participar no I CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL, para que a Praza do Seixo sexa decorada, tamén, pola veciñanza.

PARTICIPANTES
Poderá participar neste concurso toda a veciñanza tomiñesa que así o desexe, sendo necesario inscribirse previamente aquí:

https://tomino.gal/concurso-de-arbores-de-nadal-2024/

PRAZO ABERTO entre os días 11 de novembro e 11 de decembro, inclusive.

A cada grupo seralle asignado un número, por orde de inscrición. Ademais, para facer efectiva a participación no concurso, antes do 18 de decembro, será necesario enviar ao correo: tecnica.medioambiente@tomino.gal
. Unha fotografía da árbore presentada con calidade suficiente, xunto cun pequeno texto descritivo da proposta e dos materiais utilizados.
. Copia do DNI de todas as persoas participantes no grupo.
. O número asignado a cada proxecto terá que constar anclado de xeito seguro e plastificado en cada árbore de Nadal presentada.
O PREMIO consistirá en tres cheques económicos:

1º Premio – 600€
2º Premio – 300€
3º Premio – 150€
Localización

Tomiño

Horarios

Desde: 11/11/2024 10:00 h

Ata: 11/11/2024 16:00 h

Imaxe evento
Outros eventos en Tomiño
imaxe
A marcha nórdica pecha con éxito a Axenda Impacto Saudable organizada polo Concello para fomentar hábitos sans
Icon14/11/2024
Icon10:00 h
IconTomiño
imaxe
O proxecto ‘Olympics4All’ da Eurocidade Cerveira-Tomiño conquista o selo URBACT de Boas Prácticas
Icon12/11/2024
Icon16:00 h
IconTomiño
imaxe
A Mancomunidade do Baixo Miño mobilízase ante a crise da DANA en Valencia
Icon07/11/2024
Icon10:00 h
IconGoián